F

Formación



CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO DE ADESTRAMENTO CANINO BÁSICO

A Asociación Amigos da Canceira de Ordes convídavos a participar nun curso teórico-práctico de adestramento canino básico impartido polo centro de adestramento canino Montegatto.


LUGAR E HORARIO:

O curso realizarase na antiga Escola Unitaria de Merelle ao longo da xornada do domingo 6 de novembro e impartirase en xornada partida:
  • De 11:00h a 14:00h teórico-práctico para cachorros e aprendizaxe 
  • De 16:00h a 18:30h teórico-práctico para problemas de aprendizaxe.
Para realizar a actividade práctica empregaranse mascotas dos asistentes, limitándose o número de elas a 8. Se tes interese en que a túa cadela ou can participen na acción formativa para coñecer as pautas de adestramento que habería empregar coa túa mascota, responte á parte do formulario relativa ao teu peludiño.



PREINSCRIPCIÓN:

Debido ao aforo limitado do local onde se realizará o curso as plazas serán limitadas a 50 persoas, que se adxudicarán por riguroso orde de inscripción.

Como xa mencionamos máis arriba, só poderá participar un pequeno número de cans que serán seleccionados en base ao cuestionario que se deberá cubrir para formalizar a preinscripción.

Se prefires preinscribirte en persoa, pasa pola canceira de Ordes os sábados 22 e 29 de outubro en horario de 10:00h. a 13:00h.

Podes acceder ao formulario de preinscripción ao final deste artigo. Pregamos encarecidamente que antes de acceder ao formulario remates de ler o contido desta páxina.


PREZO:

Esta actividade ten un custo para os participantes, co obxecto de confirmar o interese dos asistentes e ao mesmo tempo recoller unha achega para os fondos da Asociación Amigos da Canceira de Ordes.

O precio da acción formativa e de 20,00€ cun desconto do 50% para os socios. Lembra:

  • 10,00€ Socios
  • 20,00€ Non Socios

A información relativa ao xeito de pago será facilitada a todas as persoas que tendo cuberta a preinscripción se atopen dentro do aforo, sempre que perimtan contactar con eles mediante os datos que faciliten para dito fin.

Se non eres socio e queres información ao respecto, consulta neste blog. 


PRAZO LIMITE DE PREINSCRIPCIÓN:

29 de outubrode 2016



Entradas populares

Facebook

Instagram